Arqueoloxia, patrimonio cultural- Anta de Moura

UNHA EMPRESA CON VALORES

Coñecemento, rigor e compromiso co patrimonio cultural de Galicia

En Anta de Moura traballamos para realizar un traballo eficiente e de calidade, comprometidos coa mellora do coñecemento sobre o patrimonio cultural galego, en particular o arqueolóxico, que é a nosa especialidade. A nosa experiencia, currículo e afán de mellora continua, son os nosos mellores avais.

Dende a súa creación no ano 1992, Anta de Moura leva realizado máis de 1.000 intervencións e actividades vinculadas ao patrimonio cultural, sendo unha das empresas de arqueoloxía de máis longa traxectoria e solvencia de Galicia, referencia no sector e cunha destacada carteira de clientes.

Anta de Moura conta con profesionais experimentados, que son garantía dunha boa xestión dos proxectos e da consecución de obxectivos. Ademais, a isto se debe sumar o valor engadido da experiencia de traballo en equipos con especialistas de diversas disciplinas: arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros forestais e de montes, enxeñeiros de camiños e industriais, agrónomos, restauradores, biólogos, economistas, topógrafos, deseñadores gráficos, ilustradores, museólogos, canteiros, informáticos, etc. En relación con isto e, na medida en que os proxectos o requiren, a sociedade mantén colaboracións de forma continuada con especialistas doutras disciplinas e con empresas especializadas nos máis diversos servizos, feito que permite afrontar con garantías actuacións de marcado carácter multidisciplinar.

Se necesitas asesoramento ou un orzamento personalizado contacta connosco

Scroll ao inicio